Setembro 11th, 2007

Fanny e Alexander soben ao seu myspace un adianto do seu disco para saÃr, Finais dos 70’s, principios dos 90’s. Influencias post-punk para un tema moi bailable e optimista. A face máis solleira daquel cambio de década e tamén de F&A? Haberá que agardar ao disco para velo.
Xullo 11th, 2007

O Cinema seica abandonou a rúa, polo menos o cinema convencional. Non asà o cinema documental, o vÃdeo dixital, etc. O Cineclube de Compostela e a Casa Encantada alÃanse para devolver os filmes ás prazas. En xullo, na praza do Pan (tm. de Cervantes).
Xuño 8th, 2007

 As Brigadas de Intervención Rápida George Grosz loita contra a mercantilización da cultura con palabras. E é no marco de denuncia da senteza que o Cineclube de Compostela vén de padecer, que lle dá a razón da forza, máis unha vez, á parte de vil metal que hai en todo produto artÃstico, e que afoga un chisco máis a propia obra, en vez de favorecela.
VelaquÃ, en libre descarga, todo o contrario: unha obra artÃstica de gran calidade completamente gratuÃta.
Abril 18th, 2007
Posted
in
Arte by
emepegues

Temos unha expo de cartelarÃa republicana en liña no sitio web da Universitat de Barcelona. Máis de trescentos carteis da época da Segunda República que fornecen unha visión de conxunto e por veces ben sorprendentes do perÃodo histórico.
Viva a República!
Abril 4th, 2007

Voltamos (xa temos conexión na casa) e facémolo cunha iniciativa básica para os emepegués, a imaxe. Disque hoxe o que non se ve non existe. Con Komunikando TV existimos un chisco máis.
Decembro 20th, 2006

Unha boÃsima reportaxe desvela en LG3 a cuchipanda que son algúns premios literarios galegos. Varios membros de xurados contan as súas experiencias e os seus “fallos”.
Decembro 18th, 2006

Noise Project inauguran o noise en galego con estes tres temas en myspace, mentres preparan a súa primeira maqueta. Estreáronse en directo na Alameda de Santiago, no Concerto pola Lingua do Foro da Mocidade, o 16 de maio de 2006. Outro chanzo máis no camiño da normalización lingüÃstica e cultural.
Decembro 18th, 2006

Pois, como anda un enleado con tanta cousa, isto quedou un chisco parado, tamén por un problema de compatibilidade do editor de blogues co meu ordenata do choio (;-)). Pero aquà voltamos. A Regueifa seguen alimentando a nosa fame de música e cultura de balde: Hanom Ausse (Grubi Mércores), XaquÃn Rosales (Miradas dende a cuarta dimensión) e o máis recente de Le Glamour Grotesque (Dangerous Club).
Seguiremos a informar.
Novembro 15th, 2006
Â
Logo do risco dunha máis ca probable fusión do concurso da canción galega do verán co das panxoliñas do Nadal, os directivos do-ente(s) decidiron emitir mañá (xoves) á 1:30 da madrugada o programa especial de Apologhit, que se gravara na LP45 de Ordes. O programa, amais dunha iniciativa de normalización cultural e lingüÃstica sen precedentes, estivo dende o comezo comprometido coas Creative Commons: toda a súa música se pode descargar aquÃ.
Novembro 14th, 2006
Â
Galicia CanÃbal, d’Os Resentidos, que podedes baixar aquÃ, entre outras moitas, ocupa o posto 175 nunha lista de 200 temas que sacou a Rolling Stone para escoller a mellor canción estatal de pop-rock. É o único tema en galego que figura. Eu a estes recomendáballes dar unha voltiña por aquÃ.