Se a NASA che arrambla con todo

Ola.
Encomezamos este espazo dedicado á cultura pirateable en galego (cepegués) no ronsel do blog emepegues.blogspot.com, Música Pirateable en Galego, que mantemos activo como Arquivo de cultura libre ligado a este novo sitio. Levamos case un ano ligando recursos (música e vÃdeo) relacionados coa libre distribución e coa lingua galega, nun intento por centralizar nunha páxina a tremenda riqueza de propostas que se deu en Galiza neste sentido nos últimos doce meses.
Non podemos deixar de sinalar a tremenda débeda co’A Regueifa, tanto na súa versión blog, que nos nutre de novidades nacionais e internacionais, coma n’A Plataforma, que se está a converter, se non o é xa, no primeiro referente da cultura libre en Galiza e nunha das industrias culturais máis potentes do paÃs.
Todo isto naceu como fonte de documentación para nutrir de contidos o programa de Radio Kalimero Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias, que continúa nas ondas libres os venres de 22:30 a 23:30, xusto antes de saÃrmos para os pubs. Xa sabes, mentres te maqueas para a noite de marcha, descobre que a NASA che rouba os discos de cumbias no 108.0 do dial.
Saúde e patria