Outubro 18th, 2006

O Hevi sempre trae boas novas

Posted in Hip-hop, Música by emepegues

TáChovendoMerda

A primeira nova deste remozado Música Pirateable en Galego é un disco non tan novo. Saíu antes do verán e asínao o cu máis inquedo do rap galego, o Hevi, baixo o nome de Malandrómeda. E o de cu non é gratuíto, porque un dos temazos que inclúe este Os estraños sempre traen malas novas é TáChovendoMerda, co que reincide na temática escatolóxica de himnos como Sangue de Sudre. O primeiro disco de rap galego de libre descarga, premendo no botón do Eject de cada cántiga.

O  Hevi sempre nos trae boas novas, tanto dende os xa míticos Non Residentz coma dende Fodi & Barbaconna. É seguramente o músico galego máis comprometido coa libre distribución en mp3, un heroe para nós, vaia.

Tendes o resto da súa produción accesible no noso arquivo, no botón da dereita, Música Pirateable en Galego, baixo a etiqueta hip-hop.

Que siga a chover bosta tan boa coma esta para fertilizar as leiras.

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment