Outubro 19th, 2006

As Cidades do Cineclube

Posted in Cinema by emepegues

Ciclo Cidades do Cineclube de Compostela

Xa é sabido que o Cineclube de Compostela ten en marcha o ciclo Cidades. Pero non contentes con ofrecer os seus filmes de balde (ben, preferiblemente pagando un abono-axuda de 1 €), veñen de subir á Rede o abraiante dossier do ciclo, que custa 1 € en papel (gratis para os socios) e que podedes descargar de balde aquí. Textos sobre as cidades de Michel de Certeau, Mike Davis, etc., e unha entrevista con David Harvey. Como remate, un texto de Jean-Luc Godard sobre a súa traxectoria.

O Cineclube de Compostela proxecta os filmes que quedan deste ciclo os mércores ás 22:00, no local da , na rúa de Santa Clara, 21, 1.º. Para se asociar cómpre pagar unha cota de 6 € de ingreso; as cotas mensuais son de 3 € para parados estudantes da USC e de 5 € para o resto.

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment