Outubro 20th, 2006

Abaixo a Dentadura!

Posted in Cantautores, Música by emepegues

Benedicto e Bibiano - Pavillón dos Deportes da Coruña 1976

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Regueifa Plataforma vén de reeditar para libre descarga na Rede o mítico concerto de Voces Ceibes (Benedicto e Bibiano) da transición para arrecadar fondos para Santiago Álvarez, teórico e práctico galego do comunismo morto en 2002 que aínda habiamos reivindicar un chisco máis. O concerto está inzado de consignas e frases célebres do imaxinario revolucionario galego, dende «Galiza Ceibe, poder popular» ata o pinchacarneiro conceptual de Bibiano en Can de Palleiro, ese «Abaixo a Dentadura» que, coreado polo público, se convertía no unánime «Abaixo a Dictadura».

Voces ceibes comezou a raíz dun concerto de Raimon, o 9 de maio de 1967, no Campus Sur da USC, no estadio da súa Residencia de Estudantes. A partir de aí os membos do colectivo, Bibiano, Benedicto, Xavier, etc., tomaron o testemuño e deron a luz a Nova Canción Galega.

 É moi curiosa tamén a historia de Nosa Señora da Guía, incluída neste disco: o fillo máis vello do Zeca, Zé Manel, levoulles a cántiga, que el definía como «raiana», que se cantaba en celebracións aos dous lados da fronteira infinda, a unha acampada. A partir de aí, Benedicto incluiuna con algunhas estrofas máis en Pola Unión e o Zeca en Com as minhas tamanquinhas, co título de Chula da Póvoa. Pontes musicais para unha fronteira de mentira.

 

 

 

http://emepegues.blogaliza.org/2006/10/20/abaixo-a-dentadura/trackback/Comments are currently closed, but you can trackback from your own site. RSS 2.0

Comments are closed!

Olark Livehelp