Outubro 24th, 2006

Arraianos de balde

Posted in Cantautores, Literatura, Música by emepegues

Celso Emilio a bailar a muiñeira 

 

A revista Arraianos, feita dende Celanova, ten os seus exemplares para libre descarga no seu sitio. O máis recente, un monográfico sobre Celso Emilio Ferreiro, que logo se ha subir en pdf, ten unha calidade digna de mención: inclúe textos inéditos do poeta e mostras da súa correspondencia, ben reveladora e mesmo polémica, tamén inéditas até agora. Este número foi xa presentado en Celanova e Compostela. En datas próximas presentarase en Vigo.

Este número tamén recolle colaboracións de X. L. Méndez Ferrín, X. Alonso Montero e un artigo do membro de Voces Ceibes Benedicto en que narra como foi o concerto homenaxe do colectivo a Celso Emilio e a súa relación cos cantaurores da época, que usaban os seus textos con asiduidade. 

Arraianos é un proxecto editorial desenvolvido pola asociación do mesmo nome, que conta entre as súas filas co xornalista Aser Ãlvarez e o pintor e escritor Baldo Ramos, entre outros. Baldo Ramos é amais responsable da maquetación e do deseño dos números.

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment