Podgalego
Â
O costume de postear sons galegos, iniciado, que eu saiba, por Mariademallou en Casatlántica, polo programa e-music, de Cuac FM e polos Ouveos na noite de Zimmer103, hai xa ben máis de medio ano, está agromar pouco e pouco no blogmillo. Pouco despois destas primeiras mostras, nós, dende música pirateable en galego (emepegues.blogspot.com) comezamos a subir as edicións de Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias, con algunha ca outra dificultade técnica. Hoxe en dÃa temos en galego podcasts tan currados, por exemplo, coma as Chuzanews de Chuza.
Téndelos todos, e máis, en podgalego.org
Asà a todo, chama a atención a escaseza de podblogueiros fronte á profusión dos blogueiros de imaxe e texto, e mesmo vÃdeo. Sen dúbida, a orixe deste desequilibrio está na escaseza ou no descoñecemento de plataformas que permitan subir arquivos sonoros de certo peso. Dende cpg queremos contribuÃr para a difusión deste fenómeno e recomendámosvos, grazas a homedareia, de podgalego.org, podomatic.com, que permite subir até 500 Megas. Tamén oÃmos falar de archive.org, que polo visto ten capacidade indefinida. Haberá que probalo.