Novembro 2nd, 2006
Artes plásticas na Regueifa

Se onte falabamos das interesantes propostas illadas en galego que podemos topar de balde na Rede en canto a poesía visual, hoxe soubemos da inauguración n’A Regueifa Plataforma da sección de artes plásticas coa viguesa Antía Sánchez. Máis un gran de area, logo, para superar a escaseza de expos na Rede que comentabamos hai uns días. Antía presenta un libro de artista, formato plástico moi inmediato e atractivo, en soporte de vídeo e pdf. A Regueifa segue estando na vangarda da cultura libre en galego, e se o catálogo se amplía coma no caso da música, quizais estea aquí a plataforma que botabamos de menos hai uns días.