Novembro 8th, 2006

O Xabarín no You Tube!

Posted in Música by emepegues

O XabarÃn 

Vía Dogsado Beta soubemos que varios vídeos das pezas do Xabarín xa se poden ver de balde na Rede, grazas a TellaCeibe, que o subiu ao You Tube. Hits da nosa infancia-adolescencia como Just Girls, das Amarguiñas (que sería delas?), ou Tá-se bem na Rádio, de Kussondulola, a primeira noción do reagge en galego que tivemos por estes lares. No Tubo podemos topar tamén, como non, o himno absoluto da nosa adolescencia de rockeiros parrulos, o Que jallu é!, dos Heredeiros, dos que -por certo- hai un díxome-díxome de que se van xuntar outra volta.

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment