Novembro 8th, 2006
Zimmer103

A Regueifa Plataforma saca o debut dun do francotirador máis certeiro da música dixital, tanto na acepción electrónica coma na que remite á Rede. Zimmer 103, logo de presentar ao Apologhit a cántiga estival A min non tb’s, estrea cinco temas en galego en Hatt Trick, a súa estrea. Cómpre tamén destacar o seu labor como precursor do podcast en galego, do que xa falamos, cos seus Ouveos na Noite.