Novembro 3rd, 2006

A Regueifa Plataforma continúa engrosando o seu xa rebordante catálogo para o noso gozo total. Desta volta, a sección de vellas músicas gaña entradas coa demo dos desaparecidos The Tractors, banda de punk de Ourense de finais do século pasado (que raro queda isto falando de punk). Kaña da boa na onda Exploited, pero por suposto sen a falsa lenda de radicais de dereitas que perseguía os ingleses. Máis info e descarga aquí.
Novembro 2nd, 2006
Posted
in
Arte by
emepegues

Se onte falabamos das interesantes propostas illadas en galego que podemos topar de balde na Rede en canto a poesía visual, hoxe soubemos da inauguración n’A Regueifa Plataforma da sección de artes plásticas coa viguesa Antía Sánchez. Máis un gran de area, logo, para superar a escaseza de expos na Rede que comentabamos hai uns días. Antía presenta un libro de artista, formato plástico moi inmediato e atractivo, en soporte de vídeo e pdf. A Regueifa segue estando na vangarda da cultura libre en galego, e se o catálogo se amplía coma no caso da música, quizais estea aquí a plataforma que botabamos de menos hai uns días.
Novembro 1st, 2006

Para a nosa idea, se hai unha arte que está comandando o xurdimento dunha nova sensibilidade artística en Galiza, e que vai ao límite na conxunción de economía expresiva e contundencia metafórica que esixen os novos soportes, poderosamente influída polo pop e o punk, esa é o deseño gráfico. Como non podía ser doutro xeito na nosa terra, esta revolución encomezou no téxtil. Once Varas, Aduaneiros, Caramuxo, Manis… a lista é interminable. Ademais dos inevitables Aduaneiros, hoxe querémosvos traer aquí un blog ben interesante que vai nesta liña, Desenho Galego.
Novembro 1st, 2006

A Rede tense revelado como un espazo idóneo para a poesía, como demostran o éxito de proxectos como andar21 ou os numerosos blogs de poetas. E se no outro onte nos laiabamos da escaseza de artistas plásticos que expuñan na Internet e de páxinas que recollesen os poucos que hai, cómpre destacar proxectos illados cunha calidade abraiante, no encontro da linguaxe plástica e a poética. Era o caso de espazos como Visual Obxectual, agora desgrazadamente caído, e é o caso do blog Ámote Moito. Da Galiza do Sul chéganos unha proposta chea de beleza e contundencia, Ar Líquido 2.