Archive for the Arte category

Xuño 8th, 2007

Piratas!

Posted in Arte, Cinema, Literatura by emepegues

Pirata

 As Brigadas de Intervención Rápida George Grosz loita contra a mercantilización da cultura con palabras. E é no marco de denuncia da senteza que o Cineclube de Compostela vén de padecer, que lle dá a razón da forza, máis unha vez, á parte de vil metal que hai en todo produto artístico, e que afoga un chisco máis a propia obra, en vez de favorecela.

Velaquí, en libre descarga, todo o contrario: unha obra artística de gran calidade completamente gratuíta.

Abril 18th, 2007

No passaran!

Posted in Arte by emepegues

Viva a República!
Temos unha expo de cartelaría republicana en liña no sitio web da Universitat de Barcelona. Máis de trescentos carteis da época da Segunda República que fornecen unha visión de conxunto e por veces ben sorprendentes do período histórico.

Viva a República!

Decembro 18th, 2006

A Regueifa e regreso

Posted in Arte, Electrónica, Música, Punk by emepegues

Xaquî Rosales

Pois, como anda un enleado con tanta cousa, isto quedou un chisco parado, tamén por un problema de compatibilidade do editor de blogues co meu ordenata do choio (;-)). Pero aquí voltamos. A Regueifa seguen alimentando a nosa fame de música e cultura de balde: Hanom Ausse (Grubi Mércores), Xaquín Rosales (Miradas dende a cuarta dimensión) e o máis recente de Le Glamour Grotesque (Dangerous Club).

Seguiremos a informar.

Novembro 9th, 2006

Vigo, a cidade esquecida

Posted in Arte, Cinema by emepegues

Salvemos a Panificadora 

Sempre se dixo de Vigo que non é unha cidade turística. Mesmo collemos unha periódica e cíclica perrencha pan-olívica cada vez que sae nas guías de viaxes que Vigo é unha puta merda. Algo terá que ver que a zona vella non se dea restaurado e que non se lle faga nin puto caso á arquitectura histórica da cidade, cando non a derruban directamente, como se conta neste blog e no documental Vigo, a cidade perdida.

 

Novembro 8th, 2006

Andar21

Posted in Arte, Literatura by emepegues

Mann - Niño de Metralladoras 

E falamos hoxe tamén de Andar 21, niño absolutamente preponderante da poesía libre e nova na Rede. à parte dos sucesivos números da revista literaria dixital, podedes descargar novidades que mandan os autores galegos e traducións para o galego-portugués da literatura mundial. Hai que destacar a sección de poesía visual, de onde tiramos a imaxe de Mann, da autoría do colectivo Niño de Metralladoras, Poesía de Combate.

Novembro 3rd, 2006

Vídeopoemas

Posted in Arte, Cinema, Literatura, Música by emepegues

Sombra06 - María de Mallou 

E metidos xa de cheo na fin dunha semana en que os novos soportes para a poesía estiveron moi presentes, deixámosvos aquí ligazóns a dúas das propostas máis interesentas neste sentido en galego. A primeira é da precursora Mariademallou, de Casatlantica. As segundas, máis recentes, de Sara Jess, n’O Cartafol de Silencios. Quen dixo que a poesía non se podía ver? Quen que non escoitar? Poetry’s in the air.

Novembro 2nd, 2006

Artes plásticas na Regueifa

Posted in Arte by emepegues

Ãrbore I

Se onte falabamos das interesantes propostas illadas en galego que podemos topar de balde na Rede en canto a poesía visual, hoxe soubemos da inauguración n’A Regueifa Plataforma da sección de artes plásticas coa viguesa Antía Sánchez. Máis un gran de area, logo, para superar a escaseza de expos na Rede que comentabamos hai uns días. Antía presenta un libro de artista, formato plástico moi inmediato e atractivo, en soporte de vídeo e pdf. A Regueifa segue estando na vangarda da cultura libre en galego, e se o catálogo se amplía coma no caso da música, quizais estea aquí a plataforma que botabamos de menos hai uns días.

Novembro 1st, 2006

Desenho GZ

Posted in Arte, Deseño gráfico by emepegues

'Touche disindo

Para a nosa idea, se hai unha arte que está comandando o xurdimento dunha nova sensibilidade artística en Galiza, e que vai ao límite na conxunción de economía expresiva e contundencia metafórica que esixen os novos soportes, poderosamente influída polo pop e o punk, esa é o deseño gráfico. Como non podía ser doutro xeito na nosa terra, esta revolución encomezou no téxtil. Once Varas, Aduaneiros, Caramuxo, Manis… a lista é interminable. Ademais dos inevitables Aduaneiros, hoxe querémosvos traer aquí un blog ben interesante que vai nesta liña, Desenho Galego.

Novembro 1st, 2006

Poesía para ver

Posted in Arte, Literatura by emepegues

Sonhar os sonhos /8*

A Rede tense revelado como un espazo idóneo para a poesía, como demostran o éxito de proxectos como andar21 ou os numerosos blogs de poetas. E se no outro onte nos laiabamos da escaseza de artistas plásticos que expuñan na Internet e de páxinas que recollesen os poucos que hai, cómpre destacar proxectos illados cunha calidade abraiante, no encontro da linguaxe plástica e a poética. Era o caso de espazos como Visual Obxectual, agora desgrazadamente caído, e é o caso do blog Ãmote Moito. Da Galiza do Sul chéganos unha proposta chea de beleza e contundencia, Ar Líquido 2. 

Outubro 27th, 2006

Expos na Rede

Posted in Arte by emepegues

Alg-a Netlabel

Hoxe inauguramos a sección de arte de cpg. O Faro de Vigo sacou hai algo máis dun mes esta reportaxe sobre a autoexposición dixital. Cita como exemplos destacados o proxecto Alg-a, polo que fala Berio Molina, que a cpg nos é moi querido pola cantidade de sons de avangarda que está subindo e que recollemos en Se descóbresque e en emepegués, Roberto González, pioneiro da autoexposición, Sara Sapetti, o ilustrador Javier Aguilera e Carme Nogueira. Nós engadimos os Aduaneiros sem fronteiras, a sección de Fotografía d’A Regueifa Plataforma, e o Proxecto Edición.

More