Xullo 11th, 2007

O Cinema seica abandonou a rúa, polo menos o cinema convencional. Non asà o cinema documental, o vÃdeo dixital, etc. O Cineclube de Compostela e a Casa Encantada alÃanse para devolver os filmes ás prazas. En xullo, na praza do Pan (tm. de Cervantes).
Xuño 8th, 2007

 As Brigadas de Intervención Rápida George Grosz loita contra a mercantilización da cultura con palabras. E é no marco de denuncia da senteza que o Cineclube de Compostela vén de padecer, que lle dá a razón da forza, máis unha vez, á parte de vil metal que hai en todo produto artÃstico, e que afoga un chisco máis a propia obra, en vez de favorecela.
VelaquÃ, en libre descarga, todo o contrario: unha obra artÃstica de gran calidade completamente gratuÃta.
Novembro 9th, 2006
Â
Sempre se dixo de Vigo que non é unha cidade turÃstica. Mesmo collemos unha periódica e cÃclica perrencha pan-olÃvica cada vez que sae nas guÃas de viaxes que Vigo é unha puta merda. Algo terá que ver que a zona vella non se dea restaurado e que non se lle faga nin puto caso á arquitectura histórica da cidade, cando non a derruban directamente, como se conta neste blog e no documental Vigo, a cidade perdida.
Novembro 3rd, 2006
Â
E metidos xa de cheo na fin dunha semana en que os novos soportes para a poesÃa estiveron moi presentes, deixámosvos aquà ligazóns a dúas das propostas máis interesentas neste sentido en galego. A primeira é da precursora Mariademallou, de Casatlantica. As segundas, máis recentes, de Sara Jess, n’O Cartafol de Silencios. Quen dixo que a poesÃa non se podÃa ver? Quen que non escoitar? Poetry’s in the air.
Outubro 31st, 2006

Aos que gustamos de ver bo cine sen sermos uns eruditos na materia, Cineuropa creounos sempre unha dúbida metafÃsica, que puxemos aquà no tÃtulo. Como saber se un filme que se acaba de estrear nos vai prestar ou non? A crÃtica especializada non nos soluciona moito a vida neste sentido que digamos, en xeral. Daquela, só nos quedaba unha contrarreloxo coa axuda dos colegas: - Fuches ver ChÃmpriri-chÃmpiri de Jei Carballeira? Que tal? - Caralluda, pero o derradeiro pase é hoxe ás 7 e son as 7. - Ah, vale…
Isto acabou: Ifrit, Snob e Pawley alÃanse nun blog para nos guiar en tempo real sobre os filmes da edición deste ano. Con eses tres perfÃs tan diversos e complementarios, e coñecéndoos como os coñecemos, a Rede gáñalle unha batalla máis á vida. AquÃ.
Outubro 25th, 2006

O portal Vieiros vén de pór en marcha un soportal de cultura ben interesante, Máis Alá. Polos contidos e polo espÃrito é altamente recomendable para os afectos da Cultura Pirateable en Galego, e xa figura entre as fontes obrigadas deste blog. Incorpora música e vÃdeo, un paso adiante imprescindible nun medio dixital, e o formato lembra vivamente o das bitácoras. Inclúe unha porcentaxe moi alta de contidos libres, e a imaxe do cabezallo fala por si soa.
Outubro 25th, 2006
 
Hoxe traémosvos no mesmo artigo dous festivais de curtas a través da Rede: a V edición do Notodofilmfest, festival de cine comprimido, e Os 100 tolos, “o concurso de vÃdeos pola Internet do que todo o mundo fala”. Nos dous casos, as obras pódense visualizar e mesmo descargar de balde. Por certo, que non habÃa estar nada mal termos gañador/a en galego: o Notodofilmfest repártevos 35.000 € en premios.
Outubro 19th, 2006

Xa é sabido que o Cineclube de Compostela ten en marcha o ciclo Cidades. Pero non contentes con ofrecer os seus filmes de balde (ben, preferiblemente pagando un abono-axuda de 1 €), veñen de subir á Rede o abraiante dossier do ciclo, que custa 1 € en papel (gratis para os socios) e que podedes descargar de balde aquÃ. Textos sobre as cidades de Michel de Certeau, Mike Davis, etc., e unha entrevista con David Harvey. Como remate, un texto de Jean-Luc Godard sobre a súa traxectoria.
More