Archive for the Literatura category

Xuño 8th, 2007

Piratas!

Posted in Arte, Cinema, Literatura by emepegues

Pirata

 As Brigadas de Intervención Rápida George Grosz loita contra a mercantilización da cultura con palabras. E é no marco de denuncia da senteza que o Cineclube de Compostela vén de padecer, que lle dá a razón da forza, máis unha vez, á parte de vil metal que hai en todo produto artístico, e que afoga un chisco máis a propia obra, en vez de favorecela.

Velaquí, en libre descarga, todo o contrario: unha obra artística de gran calidade completamente gratuíta.

Decembro 20th, 2006

Premios ou cuchipandas?

Posted in Literatura by emepegues

Premio

Unha boísima reportaxe desvela en LG3 a cuchipanda que son algúns premios literarios galegos. Varios membros de xurados contan as súas experiencias e os seus “fallos”.

Novembro 8th, 2006

Andar21

Posted in Arte, Literatura by emepegues

Mann - Niño de Metralladoras 

E falamos hoxe tamén de Andar 21, niño absolutamente preponderante da poesía libre e nova na Rede. Á parte dos sucesivos números da revista literaria dixital, podedes descargar novidades que mandan os autores galegos e traducións para o galego-portugués da literatura mundial. Hai que destacar a sección de poesía visual, de onde tiramos a imaxe de Mann, da autoría do colectivo Niño de Metralladoras, Poesía de Combate.

Novembro 6th, 2006

Do domínio público

Posted in Literatura by emepegues

Imaxe da sección Política do Acervo   

- O Governo Federal do Brasil vén de pór ao alcance dos utentes unha biblioteca virtual de contidos en galego-portugués do Brasil, ou brasileiro, que se poden baixar de balde. Permite a descarga de imaxes, textos, vídeos e son, Domínio Público. E digo eu, entre a dixitalización masiva de Google e a Biblioteca Virtual Galega, non podería haber por aí unha terceira vía neste sentido, apoiada pola Xunta.

- Ai, mi ma, lo que tal dijo!

Novembro 3rd, 2006

Vídeopoemas

Posted in Arte, Cinema, Literatura, Música by emepegues

Sombra06 - María de Mallou 

E metidos xa de cheo na fin dunha semana en que os novos soportes para a poesía estiveron moi presentes, deixámosvos aquí ligazóns a dúas das propostas máis interesentas neste sentido en galego. A primeira é da precursora Mariademallou, de Casatlantica. As segundas, máis recentes, de Sara Jess, n’O Cartafol de Silencios. Quen dixo que a poesía non se podía ver? Quen que non escoitar? Poetry’s in the air.

Novembro 1st, 2006

Poesía para ver

Posted in Arte, Literatura by emepegues

Sonhar os sonhos /8*

A Rede tense revelado como un espazo idóneo para a poesía, como demostran o éxito de proxectos como andar21 ou os numerosos blogs de poetas. E se no outro onte nos laiabamos da escaseza de artistas plásticos que expuñan na Internet e de páxinas que recollesen os poucos que hai, cómpre destacar proxectos illados cunha calidade abraiante, no encontro da linguaxe plástica e a poética. Era o caso de espazos como Visual Obxectual, agora desgrazadamente caído, e é o caso do blog Ámote Moito. Da Galiza do Sul chéganos unha proposta chea de beleza e contundencia, Ar Líquido 2

Outubro 30th, 2006

d-fanzíns e blogs

Posted in Literatura, Medios by emepegues

Porco dos Cadernos de Cultura e Derrube

Coa invención e expansión do fenómeno blog semellaba que o fanzín era un soporte de edición obsoleto e pertencente á mitoloxía pop e punk dos 80. Agora que, polo visto, o blog entra en horas baixas (que rápido todo, meu) abrochan vizosos os proxectos en papel. Citaremos tres namais, tanto pola súa actualidade coma pola calidade, e sobre todo pola posibilidade de os conseguir de balde, ben en pdf, ben nos bares: 300Cadernos de cultura e derruba e -a3-. 

Outubro 25th, 2006

Máis Alá

Posted in Cinema, Literatura, Música by emepegues

Máis Alá. Vieiros

O portal Vieiros vén de pór en marcha un soportal de cultura ben interesante, Máis Alá. Polos contidos e polo espírito é altamente recomendable para os afectos da Cultura Pirateable en Galego, e xa figura entre as fontes obrigadas deste blog. Incorpora música e vídeo, un paso adiante imprescindible nun medio dixital, e o formato lembra vivamente o das bitácoras. Inclúe unha porcentaxe moi alta de contidos libres, e a imaxe do cabezallo fala por si soa.

Outubro 24th, 2006

Arraianos de balde

Posted in Cantautores, Literatura, Música by emepegues

Celso Emilio a bailar a muiñeira 

 

A revista Arraianos, feita dende Celanova, ten os seus exemplares para libre descarga no seu sitio. O máis recente, un monográfico sobre Celso Emilio Ferreiro, que logo se ha subir en pdf, ten unha calidade digna de mención: inclúe textos inéditos do poeta e mostras da súa correspondencia, ben reveladora e mesmo polémica, tamén inéditas até agora. Este número foi xa presentado en Celanova e Compostela. En datas próximas presentarase en Vigo.

More