MúsicaArquivo para a categoría
setembro 11th, 2007

Fanny e Alexander soben ao seu myspace un adianto do seu disco para saÃr, Finais dos 70’s, principios dos 90’s. Influencias post-punk para un tema moi bailable e optimista. A face máis solleira daquel cambio de década e tamén de F&A? Haberá que agardar ao disco para velo.
abril 4th, 2007

Voltamos (xa temos conexión na casa) e facémolo cunha iniciativa básica para os emepegués, a imaxe. Disque hoxe o que non se ve non existe. Con Komunikando TV existimos un chisco máis.
decembro 18th, 2006

Noise Project inauguran o noise en galego con estes tres temas en myspace, mentres preparan a súa primeira maqueta. Estreáronse en directo na Alameda de Santiago, no Concerto pola Lingua do Foro da Mocidade, o 16 de maio de 2006. Outro chanzo máis no camiño da normalización lingüÃstica e cultural.
decembro 18th, 2006

Pois, como anda un enleado con tanta cousa, isto quedou un chisco parado, tamén por un problema de compatibilidade do editor de blogues co meu ordenata do choio (;-)). Pero aquà voltamos. A Regueifa seguen alimentando a nosa fame de música e cultura de balde: Hanom Ausse (Grubi Mércores), XaquÃn Rosales (Miradas dende a cuarta dimensión) e o máis recente de Le Glamour Grotesque (Dangerous Club).
Seguiremos a informar.
novembro 15th, 2006
Â
Logo do risco dunha máis ca probable fusión do concurso da canción galega do verán co das panxoliñas do Nadal, os directivos do-ente(s) decidiron emitir mañá (xoves) á 1:30 da madrugada o programa especial de Apologhit, que se gravara na LP45 de Ordes. O programa, amais dunha iniciativa de normalización cultural e lingüÃstica sen precedentes, estivo dende o comezo comprometido coas Creative Commons: toda a súa música se pode descargar aquÃ.
novembro 14th, 2006
Â
Galicia CanÃbal, d’Os Resentidos, que podedes baixar aquÃ, entre outras moitas, ocupa o posto 175 nunha lista de 200 temas que sacou a Rolling Stone para escoller a mellor canción estatal de pop-rock. É o único tema en galego que figura. Eu a estes recomendáballes dar unha voltiña por aquÃ.
novembro 14th, 2006
Â
Ultra_marinho remestura o Farruco nun tema bailable que lle chaman Sabichón do carallo, e que non ten nada que lles envexar aos clásicos do xénero: Quién me pone la pierna encima?, sobre Jorge, o personaxe máis logrado que dera o Gran Hermano, ou a oda a Arsenio, de Sushi Loop, Arsenio is in da’house.
novembro 8th, 2006

A Regueifa Plataforma saca o debut dun do francotirador máis certeiro da música dixital, tanto na acepción electrónica coma na que remite á Rede. Zimmer 103, logo de presentar ao Apologhit a cántiga estival A min non tb’s, estrea cinco temas en galego en Hatt Trick, a súa estrea. Cómpre tamén destacar o seu labor como precursor do podcast en galego, do que xa falamos, cos seus Ouveos na Noite.
novembro 8th, 2006
Â
VÃa Dogsado Beta soubemos que varios vÃdeos das pezas do XabarÃn xa se poden ver de balde na Rede, grazas a TellaCeibe, que o subiu ao You Tube. Hits da nosa infancia-adolescencia como Just Girls, das Amarguiñas (que serÃa delas?), ou Tá-se bem na Rádio, de Kussondulola, a primeira noción do reagge en galego que tivemos por estes lares. No Tubo podemos topar tamén, como non, o himno absoluto da nosa adolescencia de rockeiros parrulos, o Que jallu é!, dos Heredeiros, dos que -por certo- hai un dÃxome-dÃxome de que se van xuntar outra volta.
novembro 3rd, 2006
Â
E metidos xa de cheo na fin dunha semana en que os novos soportes para a poesÃa estiveron moi presentes, deixámosvos aquà ligazóns a dúas das propostas máis interesentas neste sentido en galego. A primeira é da precursora Mariademallou, de Casatlantica. As segundas, máis recentes, de Sara Jess, n’O Cartafol de Silencios. Quen dixo que a poesÃa non se podÃa ver? Quen que non escoitar? Poetry’s in the air.