Archive for the Electrónica category

Setembro 11th, 2007

O curso 07-08 ábrese co novo single de F&A

Posted in Electrónica, Música by emepegues

Fanny e Alexander

Fanny e Alexander soben ao seu myspace un adianto do seu disco para saír, Finais dos 70’s, principios dos 90’s. Influencias post-punk para un tema moi bailable e optimista. A face máis solleira daquel cambio de década e tamén de F&A? Haberá que agardar ao disco para velo.

Decembro 18th, 2006

A Regueifa e regreso

Posted in Arte, Electrónica, Música, Punk by emepegues

Xaquî Rosales

Pois, como anda un enleado con tanta cousa, isto quedou un chisco parado, tamén por un problema de compatibilidade do editor de blogues co meu ordenata do choio (;-)). Pero aquí voltamos. A Regueifa seguen alimentando a nosa fame de música e cultura de balde: Hanom Ausse (Grubi Mércores), Xaquín Rosales (Miradas dende a cuarta dimensión) e o máis recente de Le Glamour Grotesque (Dangerous Club).

Seguiremos a informar.

Novembro 14th, 2006

Farruco Remixed

Posted in Electrónica, Música by emepegues

Ultra_Marinho 

Ultra_marinho remestura o Farruco nun tema bailable que lle chaman Sabichón do carallo, e que non ten nada que lles envexar aos clásicos do xénero: Quién me pone la pierna encima?, sobre Jorge, o personaxe máis logrado que dera o Gran Hermano, ou a oda a Arsenio, de Sushi Loop, Arsenio is in da’house.

Novembro 8th, 2006

Zimmer103

Posted in Electrónica, Música by emepegues

Hatt Trick - Zimmer103

A Regueifa Plataforma saca o debut dun do francotirador máis certeiro da música dixital, tanto na acepción electrónica coma na que remite á Rede. Zimmer 103, logo de presentar ao Apologhit a cántiga estival A min non tb’s, estrea cinco temas en galego en Hatt Trick, a súa estrea. Cómpre tamén destacar o seu labor como precursor do podcast en galego, do que xa falamos, cos seus Ouveos na Noite.