Archive for the Música category
Novembro 3rd, 2006

A Regueifa Plataforma continúa engrosando o seu xa rebordante catálogo para o noso gozo total. Desta volta, a sección de vellas músicas gaña entradas coa demo dos desaparecidos The Tractors, banda de punk de Ourense de finais do século pasado (que raro queda isto falando de punk). Kaña da boa na onda Exploited, pero por suposto sen a falsa lenda de radicais de dereitas que perseguÃa os ingleses. Máis info e descarga aquÃ.
Outubro 31st, 2006

Do mesmo xeito ca no s. XVIII, os compositores de música popular que normalmente desenvolven o seu traballo en castelán bótanse a facer panxoliñas en galego. Daquela, nun estertor aÃnda por estudar da escola trobadoresca, facÃan casar nas letras galileo con galego, Galilea con Galicia e Ourense con Oriente, entre outras cousas. Hoxe, Nadadora e Apenino, destacados representantes galegos no pop estatal, fan algo semellante, e titúlano, respectivamente, Escoita, a neve cae arredor, versión do Happy Xmas de John e Yoko, e Panxoliña para Nuna.
A primeira xa se pode escoitar en streaming, na páxina d’A Regueifa. Agora só queda desexar persistencia e que as suban en mp3, eh?, non si?, ;-). E velaquà os rapaces do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, que cantan as de toda a vida, para descargar.
Outubro 26th, 2006
Â
O costume de postear sons galegos, iniciado, que eu saiba, por Mariademallou en Casatlántica, polo programa e-music, de Cuac FM e polos Ouveos na noite de Zimmer103, hai xa ben máis de medio ano, está agromar pouco e pouco no blogmillo. Pouco despois destas primeiras mostras, nós, dende música pirateable en galego (emepegues.blogspot.com) comezamos a subir as edicións de Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias, con algunha ca outra dificultade técnica. Hoxe en dÃa temos en galego podcasts tan currados, por exemplo, coma as Chuzanews de Chuza.
Téndelos todos, e máis, en podgalego.org
More
Outubro 25th, 2006

O portal Vieiros vén de pór en marcha un soportal de cultura ben interesante, Máis Alá. Polos contidos e polo espÃrito é altamente recomendable para os afectos da Cultura Pirateable en Galego, e xa figura entre as fontes obrigadas deste blog. Incorpora música e vÃdeo, un paso adiante imprescindible nun medio dixital, e o formato lembra vivamente o das bitácoras. Inclúe unha porcentaxe moi alta de contidos libres, e a imaxe do cabezallo fala por si soa.
Outubro 24th, 2006
Â
Â
A revista Arraianos, feita dende Celanova, ten os seus exemplares para libre descarga no seu sitio. O máis recente, un monográfico sobre Celso Emilio Ferreiro, que logo se ha subir en pdf, ten unha calidade digna de mención: inclúe textos inéditos do poeta e mostras da súa correspondencia, ben reveladora e mesmo polémica, tamén inéditas até agora. Este número foi xa presentado en Celanova e Compostela. En datas próximas presentarase en Vigo.
More
Outubro 23rd, 2006

Â
O grupazo vigués de punk rock-teatro Puta Miseria despÃdese do escenario. Foi o sábado, cun konzerto multitudinario no Anoeta de Vigo, onde, xunto c’O Leo i Arremecághona!!!, tocaron o seu repertorio enteiriño e mesmo fixeron un bis do seu himno Facha Kabrón. Son sete anos levando por Galicia o seu concepto do punk como espectáculo multimerda. Quédanos o seu material no sitio web do grupo e o resto dos proxectos dos seus membros: Essenzia de Lapo, o Centro Social A formiga, etc.
Tendes emepegués deles na nosa emepegueca, no primeiro botón da barra da dereita.
Outubro 23rd, 2006
Â
Lentejas los Miércoles, grupo de punk do Grove, acaba de subir enteiriña a súa discografÃa en mp3 para a libre descarga. A música galega libre está de parabén. Cantan e inglés, francés, alemán, castelán e, como non, en galego. Velaà a súa visionaria O Ataque da Gaivota. Xa viñan subindo o seu material dende hai tempo, e mesmo participaron, con Vigozoo, no Certame da Canción do Verán en galego Apologhit, onde non quedaron nada mal.
Â
Outubro 20th, 2006

Â
Â
Â
Â
Â
Â
Â
Â
Â
Â
Â
A Regueifa Plataforma vén de reeditar para libre descarga na Rede o mÃtico concerto de Voces Ceibes (Benedicto e Bibiano) da transición para arrecadar fondos para Santiago Ãlvarez, teórico e práctico galego do comunismo morto en 2002 que aÃnda habiamos reivindicar un chisco máis. O concerto está inzado de consignas e frases célebres do imaxinario revolucionario galego, dende “Galiza Ceibe, poder popular” ata o pinchacarneiro conceptual de Bibiano en Can de Palleiro, ese “Abaixo a Dentadura” que, coreado polo público, se convertÃa no unánime “Abaixo a Dictadura”.
More
Outubro 19th, 2006
Â
O grandÃsimo Xosé Manuel Pereiro demostra, si home si, que tamén ten un pasado punki, coma case todo cristo neste paÃs. Non el, vamos, senón Calidonia, con este vÃdeo de Radio Océano que subiu ao You Tube e que nos chega vÃa Chuza. Os problemas, asà a todo, seguen. Será que temos que seguir sendo punkis?
Hei, hei! Resisteirei! Nena, somos coma o sector naval.
Outubro 18th, 2006

A primeira nova deste remozado Música Pirateable en Galego é un disco non tan novo. SaÃu antes do verán e asÃnao o cu máis inquedo do rap galego, o Hevi, baixo o nome de Malandrómeda. E o de cu non é gratuÃto, porque un dos temazos que inclúe este Os estraños sempre traen malas novas é TáChovendoMerda, co que reincide na temática escatolóxica de himnos como Sangue de Sudre. O primeiro disco de rap galego de libre descarga, premendo no botón do Eject de cada cántiga.
More