PunkArquivo para a categoría

decembro 18th, 2006

A Regueifa e regreso

Publicado en Arte, Electrónica, Música, Punk por emepegues

Xaquî Rosales

Pois, como anda un enleado con tanta cousa, isto quedou un chisco parado, tamén por un problema de compatibilidade do editor de blogues co meu ordenata do choio (;-)). Pero aquí voltamos. A Regueifa seguen alimentando a nosa fame de música e cultura de balde: Hanom Ausse (Grubi Mércores), Xaquín Rosales (Miradas dende a cuarta dimensión) e o máis recente de Le Glamour Grotesque (Dangerous Club).

Seguiremos a informar.

novembro 3rd, 2006

Tractors n’A Regueifa

Publicado en Música, Punk por emepegues

The Tractors

A Regueifa Plataforma continúa engrosando o seu xa rebordante catálogo para o noso gozo total. Desta volta, a sección de vellas músicas gaña entradas coa demo dos desaparecidos The Tractors, banda de punk de Ourense de finais do século pasado (que raro queda isto falando de punk). Kaña da boa na onda Exploited, pero por suposto sen a falsa lenda de radicais de dereitas que perseguía os ingleses. Máis info e descarga aquí.

outubro 23rd, 2006

Puta Miseria despídese

Publicado en Música, Punk por emepegues

Puta Miseria 1Puta Miseria 

O grupazo vigués de punk rock-teatro Puta Miseria despídese do escenario. Foi o sábado, cun konzerto multitudinario no Anoeta de Vigo, onde, xunto c’O Leo i Arremecághona!!!, tocaron o seu repertorio enteiriño e mesmo fixeron un bis do seu himno Facha Kabrón. Son sete anos levando por Galicia o seu concepto do punk como espectáculo multimerda. Quédanos o seu material no sitio web do grupo e o resto dos proxectos dos seus membros: Essenzia de Lapo, o Centro Social A formiga, etc.

Tendes emepegués deles na nosa emepegueca, no primeiro botón da barra da dereita.

outubro 23rd, 2006

Lentellas por un tubo

Publicado en Música, Punk por emepegues

Lentejas los Miércoles 

Lentejas los Miércoles, grupo de punk do Grove, acaba de subir enteiriña a súa discografía en mp3 para a libre descarga. A música galega libre está de parabén. Cantan e inglés, francés, alemán, castelán e, como non, en galego. Velaí a súa visionaria O Ataque da Gaivota. Xa viñan subindo o seu material dende hai tempo, e mesmo participaron, con Vigozoo, no Certame da Canción do Verán en galego Apologhit, onde non quedaron nada mal.

 

outubro 19th, 2006

Solidariedade co Sector Naval

Publicado en Música, Punk por emepegues

Xosé Manuel Pereiro 

O grandísimo Xosé Manuel Pereiro demostra, si home si, que tamén ten un pasado punki, coma case todo cristo neste país. Non el, vamos, senón Calidonia, con este vídeo de Radio Océano que subiu ao You Tube e que nos chega vía Chuza. Os problemas, así a todo, seguen. Será que temos que seguir sendo punkis?

Hei, hei! Resisteirei! Nena, somos coma o sector naval.