Novembro 14th, 2006
Â
Ultra_marinho remestura o Farruco nun tema bailable que lle chaman Sabichón do carallo, e que non ten nada que lles envexar aos clásicos do xénero: Quién me pone la pierna encima?, sobre Jorge, o personaxe máis logrado que dera o Gran Hermano, ou a oda a Arsenio, de Sushi Loop, Arsenio is in da’house.
Novembro 9th, 2006
O director de Relacións Institucionais da SGAE dis que a piratarÃa na Rede ten os dÃas contados. Eu, dende os tempos en que un colega e mais eu pirateabamos o Kill ‘em All de Metallica con dous radiocasés un enfronte do outro cunha toalla por riba, e tragábamos o disco enteiriño sen alentar para que non saÃse gravada a respiración, até hoxe que cun clic descargo o disco do Hevi con Malandromeda no meu mp3, nunca vin este fulano diante. Sen contar coas novas músicas que se gravan facéndolle un corte de mangas ao cantante d’Os Canarios.
Novembro 9th, 2006
Â
Sempre se dixo de Vigo que non é unha cidade turÃstica. Mesmo collemos unha periódica e cÃclica perrencha pan-olÃvica cada vez que sae nas guÃas de viaxes que Vigo é unha puta merda. Algo terá que ver que a zona vella non se dea restaurado e que non se lle faga nin puto caso á arquitectura histórica da cidade, cando non a derruban directamente, como se conta neste blog e no documental Vigo, a cidade perdida.
Novembro 8th, 2006
Â
E falamos hoxe tamén de Andar 21, niño absolutamente preponderante da poesÃa libre e nova na Rede. à parte dos sucesivos números da revista literaria dixital, podedes descargar novidades que mandan os autores galegos e traducións para o galego-portugués da literatura mundial. Hai que destacar a sección de poesÃa visual, de onde tiramos a imaxe de Mann, da autorÃa do colectivo Niño de Metralladoras, PoesÃa de Combate.
Novembro 8th, 2006

A Regueifa Plataforma saca o debut dun do francotirador máis certeiro da música dixital, tanto na acepción electrónica coma na que remite á Rede. Zimmer 103, logo de presentar ao Apologhit a cántiga estival A min non tb’s, estrea cinco temas en galego en Hatt Trick, a súa estrea. Cómpre tamén destacar o seu labor como precursor do podcast en galego, do que xa falamos, cos seus Ouveos na Noite.
Novembro 8th, 2006
Â
VÃa Dogsado Beta soubemos que varios vÃdeos das pezas do XabarÃn xa se poden ver de balde na Rede, grazas a TellaCeibe, que o subiu ao You Tube. Hits da nosa infancia-adolescencia como Just Girls, das Amarguiñas (que serÃa delas?), ou Tá-se bem na Rádio, de Kussondulola, a primeira noción do reagge en galego que tivemos por estes lares. No Tubo podemos topar tamén, como non, o himno absoluto da nosa adolescencia de rockeiros parrulos, o Que jallu é!, dos Heredeiros, dos que -por certo- hai un dÃxome-dÃxome de que se van xuntar outra volta.
Novembro 6th, 2006
 Â
- O Governo Federal do Brasil vén de pór ao alcance dos utentes unha biblioteca virtual de contidos en galego-portugués do Brasil, ou brasileiro, que se poden baixar de balde. Permite a descarga de imaxes, textos, vÃdeos e son, DomÃnio Público. E digo eu, entre a dixitalización masiva de Google e a Biblioteca Virtual Galega, non poderÃa haber por aà unha terceira vÃa neste sentido, apoiada pola Xunta.
- Ai, mi ma, lo que tal dijo!
Novembro 3rd, 2006
Â
E metidos xa de cheo na fin dunha semana en que os novos soportes para a poesÃa estiveron moi presentes, deixámosvos aquà ligazóns a dúas das propostas máis interesentas neste sentido en galego. A primeira é da precursora Mariademallou, de Casatlantica. As segundas, máis recentes, de Sara Jess, n’O Cartafol de Silencios. Quen dixo que a poesÃa non se podÃa ver? Quen que non escoitar? Poetry’s in the air.
Novembro 3rd, 2006

A Regueifa Plataforma continúa engrosando o seu xa rebordante catálogo para o noso gozo total. Desta volta, a sección de vellas músicas gaña entradas coa demo dos desaparecidos The Tractors, banda de punk de Ourense de finais do século pasado (que raro queda isto falando de punk). Kaña da boa na onda Exploited, pero por suposto sen a falsa lenda de radicais de dereitas que perseguÃa os ingleses. Máis info e descarga aquÃ.
Novembro 2nd, 2006
Posted
in
Arte by
emepegues

Se onte falabamos das interesantes propostas illadas en galego que podemos topar de balde na Rede en canto a poesÃa visual, hoxe soubemos da inauguración n’A Regueifa Plataforma da sección de artes plásticas coa viguesa AntÃa Sánchez. Máis un gran de area, logo, para superar a escaseza de expos na Rede que comentabamos hai uns dÃas. AntÃa presenta un libro de artista, formato plástico moi inmediato e atractivo, en soporte de vÃdeo e pdf. A Regueifa segue estando na vangarda da cultura libre en galego, e se o catálogo se amplÃa coma no caso da música, quizais estea aquà a plataforma que botabamos de menos hai uns dÃas.